|
Concha
Blanco: O milagre de Carola |
![]() |
Miscelánea de
textos co obxectivo declarado de que "os rapaces queiran a Lingua Galega".
Reúne textos diversos de diferentes xéneros literarios, seguindo
unha estrutura común: un relato ao que segue unha proposta de
actividades sobre as súas características e mensaxe; un poema de
carácter costumista, lírico-intimista ou de proclama social;
outro texto narrativo moi breve que relata unha anécdota
humorística ou chiste popular. Finalmente, péchase o libro cun
pequeno texto dramático sobre un mozo que bebe os ventos por unha amiga,
coa que baila na festa, e ten as típicas diferenzas cos seus
maiores. |
|