| Antonio Reigosa:
Memorias dun raposo Ilustracións de Manuel Uhía Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1998 Premio Merlín 1998 |
|
Por
medio desta narración, coa que Antonio Reigosa foi o gañador do
Premio Merlín, pódese coñecer máis polo
miúdo o mundo aventureiro e sagaz dos animais. Afonso Alfonso, un raposo
nado no Morollo da Golpilleira, que non estaba nada convencido coa vida que
estaban levando os animais da súa mesma especie, decide dirixirse a eles
para contarlles quén foran, quén eran e en qué parte do
mundo estaban. Logo de aclararlles todas estas cuestións, relatarlles
moitas das aventuras protagonizadas por outros raposos e por el mesmo, gracias
ás cales, ademais de explica-la orixe dalgunha das súas
tradicións, como o "Día de Non comer Nada" ou o das "Palabras
Recrebadas", tamén deixa ve-la súa grande intelixencia e
inimizade con outros seres, entre eles os lobos ou os cans. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |
|
||||||||||