| Miguel
Vázquez Freire: A malvada María
Xosé Ilustracións de Xosé Manuel Collazo Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1989 |
|
María Xosé, rapaza coruñesa
de catorce anos, gorda, algo fea e de lingua mordaz, é tan malvada que
non contenta con tocar ao piano unha peza que sabe que non lle gusta á
súa mai, decide burlarse dunha compañeira, Viri, a
fantástica, que creou unha panda de aventureiros. Todo comeza cando ve
un vagabundo nunha casa abandonada. Argalla, mediante unha nota falsa, un
secuestro, que Viri non pode menos de asumir como propio dunha panda de
valentes como é a súa: é unha boa estrea. Pero o vagabundo
non é tal, senón un mozo fisterrán que quere ser actor e
acepta traballar para unha xubilada experta en sistemas informáticos de
comunicación. |
|