blix



Xavier Frías Conde: Lucía
Ilustracións de Lorenzo Fernández
Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1994

Lucía

Nos primeiros anos deste século a familia de Lucía trasládase a vivir de Ibias (Asturias) a Madrid. O seu carácter introvertido ocasiónalle a Lucía moitos problemas. Ó mesmo tempo, empezará a sufrir unhas estrañas transformacións nocturnas polas que se converte en curuxa.
Xa de volta a Asturias, en compañia da súa irmá Carolina, ten lugar a transformación principal da obra: Lucía convértese nun ovo do que han xurdir unha curuxa e mais un lobo.
A obra, dacabalo entre a narrativa fantástica e as lendas populares, constitúe todo un alegato en defensa da natureza.

88 p. - 19x14 cm.                                                            ISBN    84-7507-859-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Col. Guías culturais, 7. 1996



Opinion