blix



María Victoria Moreno: Leonardo e os fontaneiros
Ilustracións de Mª do Carme Salgado
Col. O Barco de Vapor, 8. Serie Vermella, 1
Editorial Galaxia - Ediciones S.M. Madrid, 1986

Leonardo e os fontaneiros

Tono, de 14 anos, fai memoria do curso que rematou, marcado por dous centros de atención: o coñecemento dun novo amigo, o can vagabundo Leonardo, e os acontecementos deste último curso na escola, o 8º de E.X.B. Aínda que alternan os capítulos dirixidos ao can, en 2ª persoa narrativa, e os que se desenvolven na escola e na casa, ofréceselle a posibilidade ao lector de facer unha lectura distinta, seguindo unha orde da narración diferente á marcada pola sucesión dos capítulos.
Leonardo é o seu grande amigo, que non fala pero que o entende. Atopouno na rúa, compartindo con el a merenda, e a súa falta de pedigree provoca que non llo admitan na casa. O seu carácter afable e nada desconfiado seguramente foi a razón pola que un día apareceu desmellorado a consecuencia dunha malleira cruel e acabou morrendo.
As pequenas bromas, as relacións cos compañeiros e a preparación da festa de fin de curso marcan o paso dos días. Pero a intromisión na aula da rata Prisca, que criou oito ratiños que eles adoptaron ata que a mestra de matemáticas os descubriu e decidiu suspendelos a todos ata setembro e non darlles máis clases, altera a boa marcha do curso. E, sobre todo, a instalación dunha corda para desde a aula abrirlle á cisterna do váter, situada no tellado, a unha veciña, desborda os acontecementos e causa inquietude polas consecuencias no seu futuro. A veciña, que os tratou de "fontaneiros", presentou unha denuncia xudicial, que só retirou cando o pai de Tono se comprometeu a instalarlle unha porta de seguridade gratis.
Ao final, a impresión pola morte da mestra, que se uniu á desaparición de Leonardo, deixa en Tono unha fonda sensación de tristeza. .

144 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-2078-1



Leonardo e os fontaneiros . María Victoria Moreno:
Leonardo e os fontaneiros
Ilustracións de Manuel Uhía


Col. Árbore, 23. Serie Azul
Editorial Galaxia. Vigo, 1990


Reedición noutra colección.


140 p. - 21x12 cm.         ISBN    84-7154-747-3



Leonardo e os fontaneiros . María Victoria Moreno:
Leonardo e os fontaneiros
Ilustracións de Manuel Uhía


Col. Sete Mares, 5. Ed. Galaxia. Vigo, 1999


Reedición en nova colección.


144 p. - 12x17 cm.         ISBN    84-8288-308-9



Opinion