blix



Antón Castro: A lenda da cidade asolagada
Ilustracións de Francisco Bueno Capeáns
Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1995

A lenda da cidade asolagada

O cego de Baladouro, Cidre Oután, regaloulle a Estevo un libro vermello, que tiña soamente letras visibles para el. Deberíao ler ata sabelo todo de memoria; unha vez aprendido sería quen de arranxar grandes desfeitas e vivir marabillosas aventuras. A vila de Baladouro padecía estes días un forte temporal de auga, tan grande que parecía alagarse. Estevo recordou de memoria o que dicía O Libro Vermello sobre treboadas e dioivos. Tivo Estevo que saír da vila para procurar o remedio para tamaña maldición, semellante á das cidades de Antioquía de Ornia e de Ys. De a cabalo da egua Pindusa, vai onda don Darío Barreiro, bibliotecario de Preguín; visita á meiga Munia quen lle revela a aparición do mapa secreto de Illó Escuro; busca na selva de Ibia a Sombra da Muiñeira; coñece ao escritor popular e naturalista García Buño de Listera; encara sen medo os misterios de Fonte Loureira; e atopa, por fin, a cova do nubeiro, sita no lugar de Antigo, ao pé da lagoa Azoreira, desde onde se poden ver as igrexas de San Tirso de Oseiro, Santa María de Lañas e Santa Eufemia de Arteixo.
Estevo engaiola ao nubeiro coas aventuras que lle foran acontecendo mentres o procuraba, e ademais regálalle uns zapatos negros. Agora xa non chove máis sobre Baladouro, e Estevo, nos momentos que lle deixa libre o seu novo oficio de Bibliotecario Maior da Biblioteca de Preguín, vaille contar novas historias ao nubeiro.

120 p. - 19x14 cm.                                                            ISBN    84-7507-925-3



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion