blix



Paco Martín: Lembranza nova de vellos mesteres
Ilustracións de Xan Balboa

Col. Árbore, 6. Serie Azul
Ed. Galaxia Vigo, 1988
White Ravens 1990

Lembranza nova de vellos mesteres

Conta Paco Martín deses mesteres ilusorios que nunca entrarán nos programas de estudios dos colexios.
"O desleitor" actúa contra os enmeigadores que fan levitar a xente ata que segue a vontade do enfeitizador. O desleitor le nun libro do final para o principio e consegue que baixe ao chan o enmeigado. Os modernos enmeigadores dominan os medios de comunicación.
"O captadonos" caza pola noite eses trasgos enredadeiros que xogan a trabucar pés de fotografía ou palabras e letras impresas. A unha portuguesa contratárona como guionista en Hollywood... Agora non teñen chollo: faise traballar aos trasgos para xustificar as pobres ideas que se publican.
"O rapimago" pode furtar calquera figura dunha foto ou imaxe en movemento, como un alcalde en foto comprometedora... Un de Mondoñedo facía rabiar aos do Coruña facendo desaparecer o porteiro dos seus televisores nos momentos importantes. Nunha aldea, outra facía desaparecer os xinetes das películas e así colléronlles afección aos cabalos, que deron en criar e hoxe corren derbis polo mundo adiante.
"Os promerceiros" son comerciantes que calculan todo ao céntimo: canta auga se lle bota a tanto viño para que lle saian tantos litros a tantas pesetas con tanto beneficio logo de comprar as uvas a tanto... Cos hipermercados e como todo vén embalado, xa non teñen futuro. Só queda un en Lugo.
"O bovaledoiro" válelles ás víctimas de abusos e malos tratos por culpa dun feitizo sen que teñan que recorrer á xustiza. Foi o caso duns pizarreiros: gracias a unha meiga, o dono da casa facía que se lles movese o pendello no que durmían e se erguesen máis cedo para traballar. Ata que o bovaledoiro lle contou que un deles sabía "vindeirar", axustar as obras aos seus desexos no futuro e que caese unha parede...

96 p. - 20x11 cm.                                                          ISBN    84-7154-605-1



Lembranza nova de vellos mesteres . Paco Martín:
Lembranza nova de vellos mesteres

Ilustracións de Xan Balboa

Col. Sete Mares, 8. Editorial Galaxia. Vigo, 2000
108 p. - 12x17 cm.        ISBN    84-8288-361-5

Reedición que incorpora un relato publicado anteriormente no volume colectivo Lerias:

"O Basecus" (vulgarmente, lambecús) encárgase de que outro non quede mal. Nunha petición de man, canta as excelencias do pretendente ata convencer o pai da noiva. Houbo un que traballou de tal xa na escola: era máis burro ou peor porteiro que o neno rico. De maior, sendo máis baixo ou gordo que o político, saía sempre na foto ao seu lado, para que a xente pensase que este era ben feito.



Opinion