| Antón
Cortizas Amado: O ladrón de ar Ilustracións de Xaquín Marín Col. O Trolebús, 7. Ed. Casals Barcelona, 1996 |
![]() |
Cóntase a historia dos habitantes da vila de Bonvento do Páramo, que se ven de súpeto sorprendidos pola ausencia, cada vez maior, de osíxeno. Roldán, Belisario e Maura intentarán resolve-lo misterio e deter ó ambicioso Henrique Absorbón de Barlovento, marqués das Catro Esquinas, que pretende se-lo posuidor único do ar e nomearse emperador. A ambición deste personaxe terá o seu castigo ó final da historia, cando os rapaces conseguen liberar á poboación escravizada e desmemoriada polas insólitas ideas do marqués. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |