blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: O laboratorio do doutor Nogueira
Ilustracións de Francisco Bueno Capeáns
Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1998

O laboratorio do doutor Nogueira

Cóntase a historia do doutor Nogueira, quen, debido ás persecucións de que é obxecto por parte doutros científicos, oculta a súa identidade baixo o nome de Alfredo da Silva. O doutor agóchase nunha casa para continua-las investigacións coa axuda inestimable de Rosa e coa intención de facilitarlle a vida á xente.
Deste xeito inventa un crecepelo para calvos, unha apócema que estimula a capacidade para expresarse en público, un medicamento co que pretende elimina-lo racismo convertendo ás persoas de cor en brancos e unhas agullas para elimina-los malos recordos. Rosa, que é consciente da brillantez do doutor, decide poñer por escrito tódolos seus inventos.
No último apartado, "Cando o autor fala de sí", reprodúcese unha conversa entre Rosa e o autor da obra, quen lle comunica que ten pensado escribir un libro titulado O laboratorio do doutor Nogueira. Rosa marcha convencida de que Fernández Paz é un dos que se dedica a conspirar contra o doutor.

112 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-332-6



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Traduciónslinha

Castelán El laboratorio del Dr. Nogueira
Trad. Rafael Chacón Calvar
Col. El navegante. Humor, 7. Ediciones SM. Madrid, 1999
160 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-348-6553-X
Catalán El laboratori del Dr. Nogueira
Il. Rafael Castañer - Trad. Pere Comellas Casanova
Col. El vaixell de vapor. Vermella, 98. Ed. Cruïlla. Barcelona, 2000
112 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-661-0035-0
Euskera Nogueira doktorearen laborategia
Trad. Unai Elorriaga López de Letona
Col. Branka, 78. Ed Elkarlanean. Donostia, 2000
104 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-8331-576-9
Portugués O laboratório do Doutor Nogueira
Trad. Isabel Ramalhete.
Col. Fora de Série. Ed. Ámbar, Porto, 2004
104 p. - 21x14 cm / ISBN: 972-43-0758-1

Recensiónslinha

    .  Fadamorgana
  .  Tempos Novos



Opinion