blix



Gloria Sánchez: O home do impermeable amarelo
Ilustracións de Miguel Calatayud
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 34
Ediciones S.M. Madrid, 2000

O home do impermeable amarelo

Un home subiu un día a unha árbore e construíu un niño. Para non se mollar mercou un impermeable amarelo, a súa plumaxe. Cando a árbore quedou sen follas foille pegando nas súas pólas anacos de papel con pequenas historias.
Por elas sabemos de animais como o poldro que ignora por qué as bicicletas non pastan herba e non teñen crinas ou que as vacas cóntanlles aos becerros contos de baleas-sereas. Ademais, aprendemos que os periódicos son libros tristes e o seu papel recíclase en debuxo infantil, que un pantalón de peto decidiu vestir hoxe a Susana e pasea todo fachendoso con ela dentro, que o teléfono ten un homiño pequeno agachado ou que a un buzón da rúa unha noite deulle por comer todas as cartas, tamén as túas... Nesta árbore onde todo é posible, estes xogos poéticos en prosa contan da pata de pao dun pirata durmido que se converteu en árbore e falan do vento, ese neno que xoga, e da noite, o borrancho de tinta dun polbo que foxe dun pirata polos mares do ceo.
Ata que a voz da neta reclama o avó para cear ao quente. Só entón baixou el da árbore das palabras.

96 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-7329-X



Opinion