blix



Pepe Carballude: A historia do Home-Can
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 15
Ediciones S.M. Madrid, 1993

A historia do Home-Can

Faustino Santos, notario en excedencia desde que lle tocaron moitos millóns nunha primitiva, está obsesionado por recuperar a mocidade. Por fin parece ter a solución no "restituidor da mocidade" que lle envía o indio Kechú desde México. Próbao axiña, despois do vermú, sen ler as instruccións que indican que non se pode tomar logo de beber alcohol, e convértese en can. Entón, sen lle dicir nada á muller, pois padece do corazón, lisca da casa comezando así unha carreira desventurada en busca de axuda para recuperar a forma humana.
Un valente policía municipal lisca espavorido ao oír falar ao can; bótano dun bar deportivista por celebrar un gol do Celta; escapándolle a un mastín, métese no concello, pero o alcalde intenta utilizalo politicamente; tampouco un médico amigo lle axuda. Decide marchar para a Cidade facendo autostop; cólleno uns mozos, abraiados de que un can saiba cantar en inglés e ademais baile na discoteca ata que o botan. Acode a unha igrexa, onde un franciscano o escoita en confesión, poñéndolle de penitencia facer unha obra de caridade. Convence ao director dunha sucursal bancaria de que lle permita facer unha transferencia para a Casa dos Pobres, pero como nin na Sociedade Protectora de Animais nin na consulta dunha psiquiatra (na que todos se cren rematadamente tolos ao escoitalo falar) lle solucionan o problema, volve á súa vila e, desanimado, xúntase cun borracho. Ata que ás doce da noite de San Xoán acorda sobresaltado: recobrara a forma humana. Xa pode regresar á casa, onda a muller -quen ao ver nos informativos da televisión a noticia dun can falador pegara a buscalo entre todos os cans da rúa-, para celebraren xuntos o aniversario de voda.
Unha primeira redacción desta historia, máis breve, figura no volume colectivo Lerias.

112 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-4003-0



A historia do Home-Can . Pepe Carballude:
A historia do home-can
Ilustracións de Beatriz García Trillo


Reedición noutra editorial con ilustracións.


Col. Punto de encontro. Everest Galicia. A Coruña, 2002


88 p. - 13x21 cm.                  ISBN    84-403-0418-8



Opinion