blix



Xabier P. Docampo/Ana Romaní: O habanero/Marmelada de amoras
Ilustracións de Sergio Casas
Col. Nova 33, 18. Convenio Tren Caixa Galicia. Pontevedra, 1997

O Habanero

O "Habanero" voltou da emigración vello, enfermo e cuns poucos cartos que lle rouban misteriosamente antes de chegar á aldea natal. Gañara moitos cun galo de pelexa. E agora, sen rancor, vive co recordo do seu máis leal amigo, o galo. É un heroe humilde e cotián que só lle podía abrir as portas da súa historia a este narrador modélico coa sabedoría da oralidade.
Tamén humildemente heroica é a vella e cega maquinista de Ana Romaní. Vive na "súa" locomotora coa cadela Terra, compañeira e cicerone que sabe atopar unha nena amiga para a súa ama. A inocencia da rapaza aprende a vida e o oficio de escribir nos libros en branco que imaxina e le no vello tren.
Con estes dous relatos que acollen a garantía narradora de Xabier Docampo co recendo lírico de Ana Romaní, a Biblioteca Nova 33 conxuga a viaxe real da singradura no tren co territorio amigo da boa literatura.

45 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-89231-39-7



Opinion