blix



Antón Cortizas Amado: Os gritos das illas Lobeiras
Col. O Barco de Vapor. Serie Vermella, 27
Ediciones SM. Madrid, 1997
Premio O Barco de Vapor 1995

Os gritos das illas Lobeiras

Lino, orfo de pai mariñeiro, sente a atracción do mar pero non pode embarcar pois quedou eivado pola poliomelite. Un día de fin de ano o vello Xosé o Gaivota ofrécelle a posibilidade de escoitar as voces das misteriosas Illas Lobeiras e ver os paxaros que voan cara a atrás. É o escollido para participar deste segredo, que só pode gardar unha persoa.
Pese ao escepticismo dos amigos, acompaña ao vello e pode observar marabillado as aves que voan a ceacú. Pasa o tempo e aparecen na praia unhas pegadas de ave con dúas letras, IL. Os rapaces non dan descuberto o misterio. Ata que, un día de treboada, Lino, só no barco herdado do vello mariñeiro, ten a oportunidade de viaxar á Illa do Pasado e á do Futuro e ve mesmo nacer as aves. É o seu segredo.
Un segredo que pode compartir co lector que se embarque nesta extraordinaria novela.

192 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-5373-6



Opinion