blix



Xesús Santos Suárez: A fraga (des)animada
Ilustracións de Xosé Comoxo
Col. Nabarquela, 6. Ed. Ir Indo. Vigo, 1993

A fraga (des)animada

Nesta fraga conviven dúas clases de árbores, as autóctonas e as foráneas. O piñeiro, o carballo, o castiñeiro discuten co refinado eucalipto australiano, reprobándolle as súas ansias sedentas. Este deféndese como pode, pero sábese fóra do seu chan. Coa chegada da sobreira desde terras portuguesas, temos un novo elemento en discordia e as protestas volven aparecer, pero o peor aínda está por vir: a presencia do ser humano no medio desta fraga, máis ou menos animada, vai supor a súa morte.
O home non sente o que as árbores din, só pode escoitar o ruído da serra coa que sega a vida destes marabillosos seres.

95 p. - 19x12 cm.                                                     ISBN    84-7680-114-9




A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion