|
Fran
Alonso: Folerpas de Novoneyra. Biografía e
antoloxía |
![]() |
Folerpas de
Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e
á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a
sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalidade que caracteriza a
escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha
porta para entrar na poesía silenciosa e no universo biográfico
de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas
simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximación
amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel,
a súa infancia, a Guerra Civil, a escritura d Os Eidos, os
días de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a súa
amizade con María Mariño, o Novoneyra beat do 68, a
caligrafía, os seus libros infantís, Compostela
Unha
biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra para lectores
e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgación imprescindible
para coñecer a figura das Letras Galegas 2010. |
|
| materiais |
|