blix



Rafael Fernández Lorenzo: As flores do meu amigo
Ilustracións de Xosé Cobas
Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 2000

As flores do meu amigo

Paio Gómez Chariño, o trobador e mariño tan apreciado por Afonso X, faise cargo da tutela de Edelmiro Soutelo, fillo dun conde morto pelexando contra os mouros. Veñen desde Toledo en compañía de varios cabaleiros peregrinos e o tamén trobador Joam Airas de Santiago polo camiño de Santiago, cheo de perigos e aventuras, desde o encontro cun oso ata as miserias dunha hospedaría de avarentos sen esquecer os inevitables bandoleiros que asaltan os peregrinos.
En Zamora, únese á expedición a filla de Chariño, Xoana, a quen o rapaz defende de tres salteadores con valentía insólita. Entre os dous mozos vai nacendo un sentimento como os que Joam Airas sabe expresar nas súas cantigas e no Cebreiro, onda o cáliz do Graal, decláranse amor. Pero os perigos seguen e pasado Vilar de Donas os bandoleiros de Alvar Sánchez raptan as mulleres, entre elas a Xoana, a quen Edelmiro atopa gracias a un pegureiro de ovellas, Iago, que logo desapareceu: fora un milagre do apóstolo Santiago. Chegados á catedral, o arcebispo e Paio proclaman cabaleiro a Edelmiro e Xoana regálalle un fino lenzo bordado coas flores do seu amor.

112 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-523-X





Opinion