blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: As flores radiactivas
Ilustracións de Miguelanxo Prado
Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 1990
Premio Merlín 1989

As flores radiactivas

Na fosa atlántica, onde ata 1982 os países europeos botaron vertidos radiactivos, dous pesqueiros descobren un resplandor misterioso procedente dunha gran mancha brillante. A OTAN envía uns barcos a inspeccionar a zona e resultan ser unhas flores brancas de intenso recendo que provocan en quen as cheira a súa conversión ao pacifismo. Os propios soldados que foran alá desertan do exército. Ao tempo, Alba, en Pontebranca, axúdalle a seu irmán, membro da organización ecoloxista ADEGA a recabar información sobre elas e mesmo se mete de polizona no Firrete, barco no que un grupo de ecoloxistas e periodistas van visitar a fosa. Gracias á rapaza, conseguen facerse cunha mostra das flores, protexidas por un barco militar cunha enorme rede pola que ela se coa. Analizadas, informan á opinión pública mundial do efecto nada radiactivo das flores mutantes, como pretendía facer crer a organización militar, que mesmo as bombardeara. Espállanas por todo o mundo, producíndose entón desercións masivas nos exércitos e parándose todas as guerras.
Como anexo informativo, incorpóranse ao final do libro documentación sobre os vertidos na fosa atlántica e unha entrevista imaxinaria co autor.

120 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7507-454-5



Traduciónslinha

Castelán Las flores radiactivas
Trad. Xan Vences
Col. La joven colección, 42. Eds. Lóguez. Santa Marta de Tormes, 1995
106 p. - 21x14 cm / ISBN: 84-85334-79-5
Catalán Les flors radioactives
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Salvador Pallarés Garí
Col. El Micalet galàctic, 6. Ed. Bromera. Alzir, 1991
120 p. - 21x13 cm / ISBN:84-7660-087-9
Euskera Lore erradioaktiboak
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Patxi Elizegi
Col. Xaguxar, 27. Ed Elkar. Donostia, 1993
130 p. - 18x13 cm / ISBN: 84-7917-338-6
Bable Les flores radioactives
Col. El fumu de los trenes, 6. Editora del Norte. Mieres del Camin, 1996
97 p. - 19 cm / ISBN: 84-88660-32-4

Recensiónslinha
.    .  L´Illa, 41 (Hivern 2005) (.pdf) -  Edicions Bromera



Opinion