blix



Eduardo Blanco-Amor: Fas e Nefas
Ilustracións de Xan López Domínguez
Col. Árbore, 58. Serie Azul
Ed. Galaxia. Vigo, 1993

Fas e Nefas

Reedición de catro textos da etapa arxentina de Blanco-Amor publicados no seu momento no volume "Teatro pra a xente"
"Fas e Nefas" ou "fantasía escolar pra nenos dun colexio luxoso..." desenvolve nun castelo medieval a aventura dun rescate no que o heroe, Fas, é un rapaciño servo. Enfróntase ás forzas do mal axudado polo Pantasmo, que resulta ser Galahaz, porque alí ninguén é o que parece, nin sequera as curuxas, faisáns enfeitizados que non queren ser desenmeigadas para non ir á pota.
As outras pezas son "Tres contos escénicos": "A medosa Blandina" é un diálogo entre mozo e moza de volta dunha romaría na que ela xoga coas palabras insinuantes e pícaras. "A lebre das ánimas" desenvolve o desexo envexoso dun labrego por ter a comida máis farturenta entre os seus iguais na festa da aldea. Para iso vai á caza de dúas lebres, das que unha escapa: é a ofrecida ás Ánimas se tiña éxito. "A tía Lambida" é a señora Castora a quen os veciños abruman con peticións e coñecen por "sete alcumes" (cando unha veciña a chama interesadamente polo nome non merece o seu favor). Ata que, farta de tanto abuso, se mete co cura cando a chama polo alcume.

108 p. - 20x11 cm.                                                          ISBN    84-7154-863-1



Opinion