blix



Carlos Labraña, Mª Jesús Guillén, M. García Cernuda: A escada
Obra gañadora do VII Concurso de Teatro Infantil da Asociación Intermunicipal Mostra de Teatro "Xeración Nós"
Edicións Xerais Vigo, 1996

A escada

Obra nun só acto que se inicia cun limiar metateatral, no que os protagonistas da peza deciden xogar ao teatro coa finalidade de obter un premio se solucionan o problema que se lles propoña no escenario antes dunha hora. O paso do mundo real ao mundo ficticio faise por medio dunha escada situada entre o público e o escenario. Unha vez que os protagonistas están no mundo da ficción teatral danse conta de que se atopan nun circo no que acontecen cousas estrañas. Emilio, Loli e Quique deberán confabularse cos membros do circo para detectar o motivo de todas as irregularidades que están acontecendo.
Presenta o libro na súa parte final unha serie de pautas para realizar a montaxe da obra.

54 p. - 19x13 cm.                                                          ISBN    84-7507-991-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion