blix



Varios: E dixo o corvo...
Ilustracións de Andrés Meixide
Hospital Xeral de Galicia. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 1997

E dixo o Corvo...

Volume conmemorativo dos vintecinco anos de existencia do Hospital Xeral de Galicia, radicado en Santiago de Compostela. Recolle trinta e dous relatos dun abano de autores, nalgúns casos entre os máis relevantes da literatura infantil-xuvenil galega actual.
Colaboran Marilar Aleixandre, An Alfaya, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xoán Babarro González, Concha Blanco, Ramón Caride, Cándido Casal, Fina Casalderrey, Ana María Fernández, Agustín Fernández Paz, Luís G. Tosar, Antonio García Teijeiro, María García Yáñez, Bernardino Graña, Úrsula Heinze, Xavier López Rodríguez, Ánxela Loureiro Fernández, Lourdes Maceiras, Paco Martín, Anisia Miranda, Mª Victoria Moreno, Xosé A. Neira Cruz, Xosé Neira Vilas, David Otero, Mª Teresa Rey Barreiro-Meiro, Gloria Sánchez García e Helena Villar Janeiro. Figuran ademais colaboracións literarias de Camilo José Cela, o profesor Anxo Tarrío, o ex-alcalde de Compostela, Xerardo Estévez, ou os conselleiros Celso Currás e Manuela López Besteiro.

229 p. - 21 cm.                                                               ISBN    84-453-2109-9



Opinion