 |
Xusta, de dez
anos, está desacougada porque hai días que lle falta o seu can
Máquina. Búscao, copando mesmo as clases, pero non hai rastro
del. Por iso non está alegre nin é quen de estudiar.
Regaláronllo de noviño ao facer ela seis anos e medrou na casa,
facendo trasnadas de cadelo. Era agudo e cariñoso. O malo foi que cando
o maltratou o atravesado fillo do xefe de seu pai, Xusta arreoulle ao neno e
aos dous días o pai foi un dos afectados pola reconversión da
empresa. Logo, enfermou de hepatite e o pai abandonouno no monte. Apareceu
por fin un día. E foi con Xusta de vacacións á casa dunha
tía, onde se fixo amigo da cadela, que tivo fillos del. Morreu pillado
por un coche por salvar a avoa, quen, aínda que nunca o aturara, non
puido reter dúas emocionadas bágoas. Por todo isto, Xusta nunca o
esquecerá. |