blix



Xavier López Rodríguez: O dromedario nadador
Ilustracións de Javi Montes

Col. Infantil e Xuvenil. Serie Laranxa. Madrid, 2005

O dromedario nadador

Narra en primeira persoa Xaquín, un rapaz de once anos que vive cos avós nunha aldea onde só hai outro rapaz, Brais, con máis vacas e fachendoso. A problemática da separación dos pais (a nai, en Alemaña; o pai, en Tenerife) preséntase en cartas que en cada capítulo lles dirixe aos seus proxenitores, coa ilusión tanto do reencontro familiar como de ir de vacacións onda o pai.
Aínda que este verán a fuxida dun dromedario pequeno dun circo, capaz de nadar, e o seu coidado, entre as vacas da casa, fan que o seu aburrimento teña outro horizonte: a posibilidade de crear unha liña para turistas paseándoos a lombos do exótico animal. Mais o proxecto vénse abaixo cando os donos do circo acoden recuperalo. De todos modos, tan sequera, poderá ir pasar unha semana co pai ás Canarias. O dromedario afixérase sen a mai, pero el non é un dromedario. E segue a estrañala, seis anos despois.

104 p. - 19x13 cm.                                                             ISBN    84-8224-126-5



Opinion