| Xaquín
Marín Formoso: Dragón rock Ilustracións de Xaquín Bieito Marín Col. O Trolebús, 11. Ed. Casals Barcelona, 1999 |
![]() |
Narra a historia dunha familia de dragóns, que comeza co nacemento de Trick, fillo de Track e Trock, neto de Truck e bisneto de Trugk. O pequeno dragón resulta ser diferente ao resto dos membros do grupo porque non é quen de bramar coma o resto dos dragóns e isto provoca unha gran preocupación en toda a familia, que trata de buscar unha solución. Como todos fracasan nos seus intentos, Trick marcha da casa e na cidade atopa a Óscar e os seus amigos cos que forma un grupo de rock. O día do concerto de Dragón Rock no parque de Fermosende, Trick está emocionado porque descobre a toda a súa familia e amigos ao pé do escenario, dispostos a escoitalo e moi orgullosos do seu enorme talento e de velo convertido nunha estrela da canción. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia Santiago de Compostela, 2001 |