blix



Carlos Mosteiro: O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande
Ilustracións de Serxio Suárez
Col. Sete Mares, 2. Editorial Galaxia
Vigo, 1999

O día que Miguel Induráin...

Cinco relatos compoñen esta obra. No que dá título ao libro, Xío protagoniza unha fazaña-falcatruada: consegue o autógrafo de Miguel Induráin cando pasa pola súa vila mariñeira gracias á axuda da amiga Carlota, que fai fuxir a xente espavorecida ao berrar que pegou o lume no concello.
"Quique, Quique", un "impertinente" preguntón comunícase coa ollada co tigre dun circo, que recupera a dignidade plantándolle cara ao domador.
"Helena" é unha compañeira de colexio que engaiola coa súa amizade a un rapaz, o único que logo denuncia a súa misteriosa desaparición. Segundo lle contou ao xornalista que agora rememora os feitos, marchou mar adiante pois era unha serea e tivera permiso só temporal para estar cos humanos.
O protagonista de "E de súpeto Antía" conta de cando lle naceu a irmá e os coidados da familia para que non se sentise un príncipe destronado.
Un incidente anecdótico e simpático é o eixo de "Un bautizo": as augas inoportunas do can Nerón na igrexa e na perna con medias caras da avoa do bautizado.
"Carmiña" provoca sen querelo que Brais, con doce anos pero só un máis novo ca ela, á que seica lle gusta outro algo máis maior, rompa o cristal da farmacia cunha non premeditada patada a unha pedra.

120 p. - 12x17 cm.                                                          ISBN    84-8288-281-3



Opinion