| Milagros Oya:
Desembarco blablix Ilustracións de Alberto V. Ferreiro Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 27. Serie O ordenador Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1996 |
|
Ao longo de dez capítulos titulados, a obra mergúllanos nunha aventura intergaláctica. Bla-Burr, blablix do planeta Bla-Box, viaxeiro da nave Blabística Neo Blox, perde o seu casco conversor de ilusións mecánicas, indo este a parar a mans de Xavier. Nunha noite de calor abafante o rapaz viu como, de súpeto, o ventilador xigante que estaba a imaxinar na súa mente materializábase transportándoo a un terrible pesadelo, pero tamén a unha inesperada aventura. Xavier converterase, xunto co seu novo amigo alieníxena Bla-Burr, nun heroe capaz de salvar a nave Blablística Neo Box e loitar contra os bromolblos, piratas do planeta Bla-Box. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |