blix



Antonio Yáñez Casal: Crisóstomo o alifáfaro
Ilustracións de Miguel Porto

Col. Árbore, 141. Editorial Galaxia. Vigo, 2006


Crisóstomo o alifáfaro

Un alifáfaro recén chegado desde Braga a Santiago de Compostela narra o seu empeño en cumprir o obxectivo de que os tres nenos da casa crean nel. Pero, como os demais da súa especie logo da maldición dos ananos, non pode ser visto. Os rapaces sempre deixan todo ordenado e nunca desobedecen, polo que é difícil que os pais lles poidan explicar quen son eses seres mínimos causantes de trasnadas. Até que consegue chegar en compañía dun abelurio ao tesouro dos ananos, restituíndo xoias roubadas no pazo.
Entón os adultos explícanlles aos fillos que iso só o puido facer un alifáfaro. Que, así, cumpriu a súa misión.

128 p. - 20x13 cm.                                                   ISBN    978-84-8288-920-7



Opinion