blix



Xabier A. Barreiro Liz: A cova dos mouros
Ilustracións de Xabier A. Barreiro Liz
Col. Golfiño, 2. Baía Edicións
A Coruña, 2000

A cova dos mouros

Novela de aventuras estructurada en dezanove capítulos na que, dun xeito realista nun principio, cóntase cómo Abdul, un rapaz mouro que vive en Compostela e que se dedica a venderlles postais aos turistas, se ve inmerso nun mundo fantástico. Lendo un libro no Museo do Pobo Galego descobre as lendas das covas dos mouros e os seus tesouros e decide introducirse nunha cova. Deste xeito percorre diferentes paisaxes e lugares moi estraños, como o mundo-sombra, no que coñece diferentes sistemas de vida e traballo; viaxa por diferentes dimensións espaciais e coñece diversos personaxes que lle axudan no seu cometido -o sapo greñudo, a deusa Xema, os mineiros das doas de sal, unha xineta, o anano-esponxa...- e que lle desvelan unha das condicións necesarias para conseguir o tesouro: perder catro obxectos -un mercado, un regalado, un amigo e unha cousa valiosa. O protagonista averigua que o tesouro non é algo material, como esperaba, senón maís ben un estado de ánimo: a súa felicidade interior. Abdul unha vez que consegue o seu obxectivo deixa o mundo marabilloso e volve a Santiago.

175 p. - 12x20 cm.                                                           ISBN    84-89803-53-6



linha

Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2000
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Col. Guías culturais, 26. Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 2002



Opinion