blix



Ánxela Gracián: Cos petos cheos de cinza
Ilustracións de Suso Cubeiro
Col. Montaña Encantada. Amarela
Ed. Everest Galicia. León, 1999

Cos petos cheos de cinza

Volume que inclúe sete relatos de carácter fantástico que se anticipan cun limiar no que coñecemos o trasgo don Guillerme Cara de prata e a Dorotea, unha sensible rapaza que serve como testemuña do que vai acontecendo e é partícipe de cada unha das historias.
Os textos teñen como trazo característico a presencia do mundo natural no que se desenvolven conflictos protagonizados por seres de lenda e diversos animais como Perico Picapiñeiro, a Serpe Amarela, Pedriño ou a Loba Balbina. A nena Dorotea é o fío conductor de todos eles e mesmo en ocasións consegue resolver dificultades en que se atopan os diversos personaxes.
Formalmente, a pesar de que o texto está escrito en prosa, é frecuente a incorporación de textos líricos que son postos en boca dos animaliños dos diferentes relatos.

116 p. - 19x12 cm.                                                            ISBN    84-403-0389-0



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001



Opinion