blix



Miguel Vázquez Freire: A cor do elefante e outros contos
Ilustracións de Angel Esteban
Col. O Trolebús, 3. Ed. Casals
Barcelona, 1994

A cor do elefante

No primeiro relato deste libro, titulado precisamente A cor do elefante, Marga, unha rapaza moi inqueda, ten a oportunidade de atopa-lo protagonista dun conto: un elefante de cor morada, que ademais de falar viaxará de Madrid a Vigo para coñecela.
No segundo relato, Conto do neno despistado, coñecemos ata onde pode chega-la desorientación dun rapaz que todo o confunde e mestura, tanto as cousas físicas coma os sentimentos e as emocións.
En Xanciño Botello, matador de marcianos, sabemos do efecto que os xogos electrónicos exercen sobre un rapaz, que chega a confundi-la fantasía coa realidade.
Finalmente, en A máquina que non quería traballar tres personaxes (unha máquina, unha formiga e un gato) van de troula para fuxir das tarefas cotiás, sufrindo despois as consecuencias disto.

93 p. - 20x12 cm.                                                            ISBN    84-218-1346-3



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion