blix



Lola González: Conxurados
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 25
Ediciones S.M. Madrid, 1995

Conxurados

Dúas bandas (a dos Critos e a dos Chucareiros) e unha nena, Saleta, que ha de adaptarse á nova situación provocada pola voda da súa nai cun separado que trae as súas fillas xemelgas a vivir con eles; estes elementos son o centro da novela.
As aventuras discorren unhas detrás das outras. Os conxurados utilizan a fórmula viquinga para xuramentarse "Co sangue, no sangue e polo sangue" e, unha vez convertidos en irmáns, farán fronte ó envelenamento da Polilla (a profesora odiada), á caza da sauros, ó reparto de cachorros; odiarán todos a unha ás repetidas/postizas/cuspidas irmanastras de Saleta por repelentes estudiosas/ordenadas/obedientes señoritas, e decidiranse a ser abixeos".
Todo isto sucede en Fiúncho de Quintín, o lugar onde tamén vive don Camilo cos seus dous criados Lenz o Branco e Lenz o Negro, e onde podes atopar que unha cadela sexa tía bisavoa de calquera. Porque nada é o que parece...

128 p. - 19x12 cm.                                                            ISBN    84-348-4676-4



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion