blix



A. Conde, Ana Expósito e X.A. Neira Cruz: Contos da viaxe
VI Tren Caixa Galicia - Ruta Rosalía 94
Ilustracións de Xulia Barros
Col. Nova 33, 6. Convenio Tren Caixa Galicia. Santiago, 1994

Contos da viaxe

En Confesión de parte, Alfredo Conde recorda a súa infancia tan unida ao paso do tren, en Pontevedra. Lembra que entón súa mai lles contaba películas cando ía ao cine pola noite e seu pai falaba da súa nenez en Allariz, que chegaron a identificar como propia. Escoitaban así as historias que os pais sabían, aínda que non os contos clásicos, verdadeiramente infantís.
Ana Expósito Valle narra en A guerra de Huso a vida dun rapaz musulmán de Bosnia, que vivía coa súa nai e o seu irmán maior no vagón dun tren, dentro dun campo de refuxiados, e soña cada noite con ir rescatar uns poucos libros da ardida e importantísima biblioteca de Saraxevo.
X. A. Neira Cruz en Rosalía tralas máscaras do tempo (publicado como volume independente co título de Rosalía) viaxa ata a época do nacemento de Rosalía de Castro por medio do enxeñeiro Amaro Mendiño. Asiste logo ao bautizo, a súa mocidade teatral en Compostela ou ao día do seu pasamento. Entre os elementos narrativos intercala cartas, textos e datos sobre a vida e época da escritora que lle fornece o ordenador Chiño.

134 p. - 19x11 cm.                                                            ISBN    84-600-8868-5



Opinion