blix



D.X. Cabana, M. Aleixandre e X.A. Neira Cruz: Contos da travesía
VII Tren Caixa Galicia - Ruta Marítima Ría de Arousa 95
Ilustracións de Paula Paradela
Col. Nova 33, 11. Convenio Tren Caixa Galicia. Santiago, 1995

Contos da travesía

A historia de D.X. Cabana está protagonizada por Pedro Reigosa, un mestre progresista que exerce o seu traballo na vila de Silvarrei no ano 1936. Persoa sinxela e desinteresada, non lle custa gañar a confianza da xente, agás o cura, que non comparte as súas ideas e sempre o ve como un inimigo. O golpe militar do 18 de xullo sepulta o espertar cultural de Silvarrei. Ós poucos días aparece o cadáver do mestre: é o comezo dun longo inverno.
Marilar Aleixandre conta a historia de Xis de Xallas, un rato vulgar que, ávido de aventuras, convértese en rato de biblioteca. Querendo emular ós personaxes da Illa do Tesouro, embarca cara a Bristol na procura dun barco que o leve ó Caribe. Non todo sae ben na súa viaxe, pero coñece a xente interesante e, antes de voltar a Galicia, pode acadar o título de rato de biblioteca e ademais dar a coñecer as súas dotes como cociñeiro.
Xosé Antonio Neira Cruz recrea a vida de Castelao (publicada como volume independente co título de Castelao) e faino mediante un enxeñoso procedemento narrativo: Amaro Mendiño, de profesión viaxeiro no tempo, aterra no Rianxo de finais do século XIX cun obxectivo: vivir por si mesmo a evolución humana e artística de Castelao.

160 p. - 19x11 cm.                                                            ISBN    84-89231-02-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion