blix



X. Miranda / A. Reigosa / Xoán R. Cuba: Contos marabillosos, III
Ilustracións de Fino Lorenzo

Col. Cabalo Buligán - Contos da Tradición Oral, 3. Eds. Xerais. Vigo, 1999

Contos marabillosos, III

Reelaboración de contos de transmisión oral. Ao final de cada relato, no apartado "Notas", ofrécense datos sobre as versións existentes e a catalogación de cada unha, segundo as diferentes clasificacións teóricas existentes.
Inclúense "O Cabalo Buligán", no que a princesa Iria gracias aos poderes máxicos do cabalo, foxe do seu cruel marido e convértese nunha humilde ermitá xunto a un home bo e cariñoso; en "O mozo que non sabía como era o medo", un mozo viaxa na procura desa sensación descoñecida; tras moitas aventuras, a neta do escribán faille pasar medo ao esparexerlle anguías nos calzóns; en "O demo na mochila", Xan Soldado intenta enriquecerse resucitando mortos como fan Xesús Cristo e San Pedro, dous pobres cos que viaxa, pero, a pesar do seu comportamento, acaba no ceo.

64 p. - 17x24 cm.                                                          ISBN    84-8302-400-4



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion