blix



Antón Cortizas: O conto dos sete medos
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 13
Ediciones S.M. Madrid, 1992
Premio O Barco de Vapor 1991

O conto dos sete medos

A Antía case a atropela un coche sen conductor e a morde un dóberman. Para escorrentar o medo de vez, cóntalles unha historia de sete medos aos amigos.
Lendo un libro na casa vaise a luz e móvese a saba: colléraa un fantasma que xoga con ela ata que volve a luz.
O seu pai escríbelle a historia dun vampiro de plastilina miope que lles rouba as cores ás cousas rosas ou granates. Desfanse del cunha trapela no cuarto de baño.
Nunha excursión ao museo de Cera, bica a figura dun rapaz cunha bágoa de vidro que ollaba o pai aforcado. Aparécelle na escola e só se relaciona con ela. Ao ver unha película de terror, lisca. E a súa figura derrétese no museo.
Radio Terror, coa locutora, Cali Vera, retransmite o intento da Santa Compaña por captar un vivo: un home libra trazando un círculo, unha peixeira gracias a un xurelo e ela, porque a chama a mai para cear.
Ten que botar tres minutos no cemiterio despois das 12 e cae nunha foxa: lévaa un esqueleto baixo terra onda un hipopótamo de boca enorme, ve a Nada,... e foxe polo valado.
Unha nota misteriosa indícalle que vaia á Casa da Irrealidade e diga "a palabra que nunca se pronuncia". Aprende que os medos non desaparecen pero pódense dominar.
E unha noite de chuvia unha capa negra con pata de pao lévaa a unha goleta onde o seu avó loita contra Urco. Lembra o día que morreu no mar: este fora o seu medo máis grande, que agora lle fai superar todos os demais.

152 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-3686-6



Opinion