|
Ana
Mª Fernández / Xoán Babarro: Contos do
reino de Mamoranguá |
![]() |
Nunha nota inicial, os
autores explícanlle ao seu lectorado que, trala repentina
desaparición do Tío Sebastián, un aventureiro e
intrépido periodista, que perdera a súa vida en
Afganistán, atoparon unha serie de cadernos que ata daquela
descoñecían e que tiñan por título "Contos do reino
de Mamoranguá". Neles recollía as súas aventuras nas
exóticas terras do Novo Mundo, a través das cales daba a
coñecer os seus habitantes, os seus costumes, as súas
tradicións e crenzas ou a súa tan exuberante e rica
vexetación e fauna. Así que, interesados en dalos a
coñecer, decidiron publicalos engadíndolle algunhas notas
aclaratorias a pé de páxina para explicar moitos dos elementos
que conforman aquelas afastadas terras e que resultan descoñecidos para
as persoas alleas a aquela área xeográfica e cultural. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia Santiago de Compostela, 2001 |