| Xosé
Antonio Perozo: Claudina volveu Ilustracións de Xaime R. Asensi Col. Infantil-Xuvenil. Serie Laranxa Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 1998 |
|
Trátase da segunda entrega protagonizada pola tartaruga Claudina, personaxe que apareceu por primeira vez en "A incrible historia de Claudina", publicada en 1990. Tras dun resumo argumental dos feitos principais do conto anterior explícase o conflicto. Por mor dunha entrevista realizada ao pai da familia, os medios de comunicación descobren que este ten na casa unha tartaruga pertencente a unha especia protexida. Unha organización ecoloxista intenta que sexa entregada a un centro de protección de especies, pero os nenos néganse a que isto suceda. Claudina, coa axuda do seu amigo o rato, consegue agacharse un tempo pero ao final debe marchar. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |