blix



Xavier López Rodríguez: A citación
Col. Árbore, 76. Serie Rosa
Ed. Galaxia. Vigo, 1995

A citación

Gabriela é unha rapaza de oito anos, ten a súa nai enferma estes días e o seu pai está de viaxe.
Recibe unha citación xudicial o luns pola mañanciña. E aí comeza o seu problema. Dende entón, ata que remata pasando polo Xulgado o venres desa semana, a súa vida transfórmase nun suplicio.
Non pode pensar noutra cousa, non para de cavilar no que puido ter feito para que a chamen a declarar, repasa a memoria buscando culpas, mira e remira a faciana por se se ve cara de delincuente, dubida se contarllo a alguén ou non. Dorme mal. A preocupación é tanta que mesmo xogando a dicir palabras que empezan por determinada letra se lle escapan "citación" e "xulgado".
No medio de todo ese sufrimento, Gabriela aprende quen é Kafka, un escritor de "historias anguriantes e absurdas", segundo lle di a súa nai. Só cando comeza a ler A metamorfose é capaz de sorrir porque, en comparanza co que lle sucede ó protagonista desa historia, a súa citación xudicial é case unha broma.

80 p. - 21x12 cm.                                                            ISBN    84-7154-943-3



Opinion