blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Fran Alonso: Cidades
Ilustracións de Pablo Otero "Peixe"
Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1997
Premio Rañolas de literatura infantil e xuvenil 1998

Cidades

"A min o que me gusta son as cidades" comeza este poemario urbano. E conta todas as caras da cidade: o mar que chega limpo e a auga do peirao que mata os peixes, os semáforos doloridos e as ambulancias tristes de esperanza, a tranquilidade dos domingos e a chuvia en amarelo de calquera día.
É unha cidade que muda de pel como unha serpe e habita en moitos mapas: do desierto ao mar. Nela as árbores están soas coa única compaña dun coche verde aparcado á súa beira ou a bolsa do lixo. A cidade ten corazón coma ti, que tamén es unha cidade "e podes ser feliz sentindo o latexar/da vida toda que levas dentro/urbana mente".
Poesía fóra dos tópicos de versos adolescentes. Versos libres como cancións, que atesouran a capacidade de comunicar sen estridencias nin paternalismos.

64 p. - 19x14 cm.                                                            ISBN    84-8302-093-9



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion