blix



Celso Emilio Ferreiro para nenos
Edición de Antonio G.ª Teijeiro
Ilustracións de Suso Peña

Col. Biblioteca Alba y Mayo
Ediciones de la Torre. Madrid, 1988

Celso Emilio Ferreiro para nenos

Escolma para o lectorado infantil da obra do autor clásico da literatura galega, que se abre cunha introducción biográfica a cargo do editor, Antonio G.ª Teijeiro, ilustrada con material fotográfico. Incorpóranse así mesmo unha Bibliografía básica e unha Cronoloxía do poeta.
Inclúese a seguir unha significativa escolma de textos que recolle sesenta e nove poemas de todas as épocas do escritor celanovés, desde "Cartafol de poesía" ata "O libro das homenaxes". "O soño sulagado", "Longa noite de pedra" e mais "Onde o mundo se chama Celanova", con once, catorce e trece poemas, respectivamente, son os libros máis representados.
O afán divulgativo do libro complétase con ilustracións que pretenden facilitar o achegamento dos lectores novos.

125 p. - 15x21 cm.                                                          ISBN    84-86587-25-5



Opinion