blix



Darío Xohán Cabana: O castrón de ouro
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 20
Ediciones S.M. Madrid, 1994
Premio O Barco de Vapor 1993

O castrón de ouro

Novela de aventuras na que se mesturan a realidade co mundo fantástico e mesmo de carácter mítico.
As ansias de atopar respostas levan a Tristán, un mozo de dezaoito anos, a iniciar unha viaxe polo mundo unha vez rematados os seus estudios. Entre os personaxes cos que compartirá aventuras está o Castrón de Ouro, un animal mítico que, igual que pretende o protagonista, loitou pola liberdade e vive gozando dela.
Os dezasete capítulos da obra propoñen unha vía de escape da realidade cotiá por medio da imaxinación e da fantasía; ó mesmo tempo, estas páxinas contribúen a establecer diferencias entre o mundo actual e un pasado caracterizado pola paz, a harmonía, a igualdade e o respecto pola natureza.

112 p. - 12x19 cm.                                                          ISBN    84-348-4279-3



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



O castrón de ouro . Darío Xohán Cabana: O castrón de ouro

Ilustracións: Noemí López

Reedición noutra colección, revisada ortograficamente e ilustrada.


Col. Árbore, 144. Serie Azul. Ed. Galaxia. Vigo, 2007


124 p. - 20x13 cm.         ISBN     978-84-8288-982-5


.  

RECENSIONES

  .        Entrevista - La Voz de Galicia



Opinion