blix



Marilar Aleixandre: Castelao segundo Rañolas
Ilustracións de Castelao
Col. Árbore, 113. Serie Letras Galegas
Editorial Galaxia. Vigo, 2000

Castelao segundo Raņolas

Todo comezou cando no monte de Setegrixas un lagarto desprezou a escritora en procura de ideas. Alí ocorréuselle pedirlles aos personaxes de Castelao axuda para contar algúns retrincos da vida do rianxeiro ilustre. Non sen rifas entre eles e cos inevitables afáns de protagonismo, participaron nesta orixinal biografía, adobiada con anacos das súas obras e reproduccións de diferentes ilustracións.
Faise deste xeito un percorrido pola vida de Castelao, desde a infancia na vila natal á morte bonaerense e o silenciamento posterior do franquismo.
Entre anécdotas e informacións que contextualizan as xeiras político-culturais deste século, decorre esta obra rigorosa nos datos e amena na concepción divulgadora.

92 p. - 21x12 cm.                                                          ISBN    84-8288-363-1



Opinion