|
Escolma para o lectorado infantil da obra deste autor
clásico da literatura galega, que se abre cunha introducción do
editor sobre a súa vida e obra, ilustrada con material
fotográfico. Incorpórase tamén unha "Síntese
cronolóxica". A recompilación de textos estructúrase
en cinco apartados. No de "Narrativa" inclúese un fragmento de "Un ollo
de vidro", cinco "Cousas", un conto de "Retrincos" e un capítulo da
novela "Os dous de sempre". O Lance 2º de "Os vellos non deben de
namorarse" serve para presentar o seu "Teatro". No apartado de "Ensaio e
investigación" figuran anacos da reflexión sobre "O galeguismo na
arte" así como dos libros "Sempre en Galiza" e "As cruces de pedra na
Bretaña"; no de "Oratoria", o discurso "Alba de Groria". Pecha o libro
unha selección de ilustracións, incluíndo debuxos de
guerra, na sección de "Plástica". |