| Úrsula
Heinze: A casa abandonada Ilustracións de Manolo Uhía Eds. Xerais. Vigo, 1987 Premio Merlín 1986 |
|
Conta Olalla da Ponte, estudiante de quinto de
E.X.B, que un día foi coa irmá, Minia, ata "a casa abandonada",
á que ninguén se achega pois seica pesa sobre ela unha
maldición que acabou cos membros da familia que a habitaba. No soto
máncase nun pé e desmáiase, polo que teñen que
rescatala os pais e bota varios días sen poder saír á
rúa. Na escuridade, gardara un obxecto frío, que resulta ser un
óso. Cando llo ensina ao irmán, Ramón, de quince anos,
este vai explorar a casa, pero como o soto segue asolagado, cae e perde o
óso. Desde entón, Olalla búscao de noite,
somnámbula. |
|
![]() |
Úrsula Heinze: A casa abandonada Ilustracións de Manuel Uhía Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1993 Reedición con novas ilustracións e profunda revisión textual 120 p. - 19x14 cm. ISBN 84-7507-767-6 |