blix



Xosé Neira Vilas: Cartas a Lelo
Narrativa pra nenos. Eds. do Castro
Sada, 1978 (1ª ed. 1971)

Cartas a Lelo

Toño de Loureiro proponlle a Lelo (mozo que emigrou hai tres anos ao Brasil) un intercambio epistolar no que cada un contará as súas vivencias en terras tan distantes. Na obra recóllense as cartas de Toño e a partir delas podemos deducir as novas sorprendentes da emigración, que espertan o interese dos seus amigos na aldea, con quen as comparte.
Ambientadas na aldea galega, contan diferentes sucedidos do espacio cotián dun rapaz da época. Refiren historias de animais, como as cóbregas (a adormentada polo frío que trouxo para a casa e meteu en augardente ou a que veu co tío por baixo da camisa cando foi pescar de noite), de burlas e xogos infantís (facéndose pasar por fantasmas para asustar na noite a uns xogantíns ou atrancando o camiño con paus) ou das pelexas contra os doutro lugar ou por unha rapaza. Ademais, aparecen tradicións como os cantares de Reis, a cova do tesouro dos mouros ou a cultura da morte, sen esquecer un fuxido da guerra civil a quen os rapaces tratan de axudar. Este é o seu mundo, pequeno comparado co que Lelo lle conta de Brasil, onde os incendios son máis grandes que a súa pequena lumarada no monte ou hai que investigar outros roubos ante os cales o seu dunhas cebolas resulta ridículo.
Remata a correspondencia cando Toño vai deixar a escola e Lelo vaise trasladar para Montevideo. Se lle escribe desde o seu novo enderezo, poden continuar a correspondencia.

126 p. - 12x18 cm.                                                          ISBN    84-85134-72-9



Opinion