blix



Olimpio Arca Caldas: Carta de América
Col. A Pinguela, 27. Eds. Fervenza. A Estrada, 2005

Carta de América

Un matrimonio labrego pobre reciba un día un aviso de que ten unha carta certificada procedente da República Arxentina. Aínda que non saben, malia ter un fillo en Brasil, outro en Montevideo e un terceiro en Bos Aires, de que fillo pode ser, fanse a ilusión de que lles envían cartos. A súa desilusión é grande cando ven que non lles trae diñeiro senón un "Almanaque Gallego", defraudando así as súas expectativas, movidas máis polo interese material que paternal.
Adaptación de Olimpio Arca Caldas en forma de breve peciña de teatro dun relato previo de Bernardo Rodríguez Ribeira, emigrante e escritor estradense de quen se fai unha semblanza biográfica na contracuberta.

14 p. - 22x16 cm.                                                   ISBN    84-96368-19-X



Opinion