blix



Cándido Casal: ¡Canta xente...!
Edelvives. Col. Catavento, 4
Zaragoza, 1997

¡Canta xente...!

O relato arranca cunha divertida escena na que os amigos dos nosos protagonistas, Moncho e Pepa, deciden mercarlles como regalo de voda un animal. Así pasan un bo intre na tenda de animais ata que se poñen de acordo e mercan un can e unha gata ós que bautizan cos nomes de Chicho e Cuca.
A partir de entón relátase con ironía e humor a vida dos catro, a parella e os dous animais: os tics cotiáns da parella, a chegada do primeiro fillo, a chegada da sogra... Paralelamente nárrase tamén a vida na casa dos dous animais, dous membros máis da familia que ven ameazado o seu espacio e o seu afecto ante a chegada do bebé e ante a presencia da sogra, á que non lle gustan moito os animais.

168 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-263-3709-0



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



Opinion