|
Conta Alba, unha rapaza de trece anos filla de
Xan o Poeta (que guía os peregrinos desde o porto ata Santiago de
Compostela, recitándolles poemas) e dunha costureira, que a súa
vida apracible cambiou cando uns esbirros dos Condes de Endrino levaron en
plena rúa a súa mai. Como seu pai tampouco aparecía,
decidiu, malia que todos lle dicían que tiña que esquecer e
obedecer aos Señores, liberalos onde estivesen. O ancián Pedro, o
Cabreiro, contoulle que o pai saíra cun grupo de campesiños para
protestar ante o Señor de Endrino de Pontedemo polos impostos excesivos
que os condenaban á miseria. Ningún dos que fora regresara.
Practicou co tiracoios, aprendeu a usar o arco e deixando os tres irmáns
preparados para buscarse a vida, marchou á busca dos seus pais.
Cortadas as trenzas para parecer un neno pobre, onda unha pequena
poboación acordárona dous ananos vestidos de raposos, unha muller
barbuda, un home grande e un neno: Pulga, Piollo, Cipriana, Sansón e
Froilán, da compañía de farándula "Rite-rite", que
lle deron comida. En Neda, nunha pousada, cando ensinou o mapa do pai
aconselláronlle que se desfixese del pois o dono era un "proscrito".
Liscou uníndose aos da farándula, que a protexeron
vestíndoa de rapaza, para despistar os perseguidores, que buscaban un
rapaz. Esa noite actuou con eles, que lle ofreceron a posibilidade de seguir co
grupo, que non aceptou. Nunha gruta, descubrírona dous frades
bromistas, que lle salvaron a vida matando un xabarín disposto a
atacala. Incapaz de seguilos, perdeunos de vista. Acordou con gripe entre
doentes nun hospital sen as moedas (quitáranllas os frades, que a
trouxeron no seu burro). Alí, o cego Celestino descubriu que era rapaza
e avisou ao soldado Caramouco que a viña buscando, pero librou gracias
á complicidade da encargada, a anciá Madalena (Lena). Por ela
soubo que o hospital, as terras e as xentes eran do Conde de Endrimo. E que o
cego non era tal, senón un espía que controlaba os que pasaban
polo hospital. Contoulle que houbera batalla cos homes do Conde, e que os
campesiños andaban fuxidos polo monte, a onde a mandou con comida,
levando como guía a Marcelino. Vestida xa de rapaza, andando o monte,
chegou onda o pai: estaba ferido, como os poucos homes da súa tropa,
agachado nunha cova desde había 15 días. A mai estaba retida na
torre do conde, como outras mulleres, para que os homes non prenderan lume ao
castelo. Un mensaxeiro trouxo a nova de que o conde quería encontrarse
co pai, mais este dubidaba do seu interese en negociar realmente. Acordaron que
ela se iría informar de cómo andaban as cousas facéndose
pasar por filla duns marqueses de Porto que chegaran polo porto de Ferreol para
peregrinar a Santiago e, asmática, non puidera continuar con eles.
Acompañaríaa o seu guía, Marcelino. Pasaron por onda Lena,
que aconsellou que se fixese pasar por filla dun abade e deulle a campá
dun ex peregrino de agasallo para a filla dos condes, que lle
facilitaría comunicarse con ela e as súas doncelas. Onda as
portas da muralla do castelo, perdeu a Marcelino. Os gardas fixeron que a
inspeccionase o cego Celestino, a quen despistou cambiando a voz e
facéndose pasar por maior con aquela roupa de nena rica; alegou que
ía á busca dos cómicos, que por sorte estaban na praza,
acollérona con agarimo e ofrecéronlle actuar na función do
día seguinte. Na praza do castelo, unha vila amuradada con moitas terras
dentro, atopou a Marcelino, que considerara menos perigoso entraren por
separado. Na función cos cómicos, recitou un poema de seu pai con
tanto éxito que os contrataron para o día seguinte. E ao
pé do lume prometeuse con Froilán. Puido falar coa filla dos
condes, Leonor, preocupada porque a costureira, á que ela quere moito,
négase a comer. Localizara a súa mia. Coa desculpa de que
tiña rachado o vestido conseguiu vela e animala, transmitíndolle
o plano de fuga de Marcelino. Esa noite, a mai puido saír do castelo
enganando os gardas. E foi reunirse co home e os fillos. Rematada a
actuación, Alba despediuse dos cómicos. Froilán deulle
unha buguina que ela leva preto do corazón, acordando atoparse na ponte
pasado un ano. Por el está agardando. Pero como tarda vai esperar outro
día máis na cabana do neno pastor mudo e xordo, a quen lle
está contando esta historia. O pai converteuse no xefe dos
Irmandiños, aínda que ela preferiría que seguise de poeta,
e cada vez son máis... E nestas alturas interrompe o seu relato, pois
vén un carro: nel por fin chega Froilán. |