blix



Xosé Antonio Perozo: Camiño de Fantasía
Ilustracións de Xaime Asensi

Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 36. O ordenador
Ed. Sotelo Blanco, Santiago, 1998

Camiño de Fantasía

Relato das aventuras de Xacinto, o Toto, o Chovo e o Canete que, acompañados dos seus respectivos animais, o can Crispín, a gata Morita e o papagaio Rodolfo, emprenden unha aventura na que seguindo un mapa chegarán á Cidade de Fantasía. No camiño irán atopando outros personaxes, moitos deles procedentes de obras literarias como Lázaro de Tormes, Alicia e o seu coello, don Quixote, o Buscón ou Pinocho. Ademais contan coa complicidade do narrador que en todo momento se entromete no relato, ben para increpar os personaxes, ben buscando a complicidade do lectorado, como sucede coa resolución do xogo das tres dimensións, o problema do espírito do xogo ou o enigma da Esfinxe.
A obra combina a estructura clásica habitual do relato de aventuras e dos contos marabillosos en canto á procura dun obxecto, a superación de probas por parte dos personaxes e a presencia de elementos máxicos, con trazos novidosos baseados no humor, a ironía e mesmo a parodia.

144 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-7824-316-X




A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion