|
| An Alfaya:
O caderno azul Ilustracións de Ricardo Pérez Rilo Eds. Xerais. Col. Merlín Vigo, 1996 |
![]() |
Novela dividida en catro partes e dedicada aos nenos e nenas que sofren algunha doenza. Nela desenvólvese un anaco da vida de Anxélica. Cada unha das catro partes correspóndese coas estacións do ano, nelas cóntanse como medran as ganas de vivir de Anxélica ao mesmo tempo que decae o seu estado físico. Esta nena de once anos vive en Vigo co seu avó David e está afectada polo virus da sida dende que lle fixeron unha transfusión de sangue por mor dun accidente. Os compañeiros e amigos de Anxélica son unha peza fundamental para que a protagonista se vexa integrada na sociedade; ao mesmo tempo, cada un deles cóntanos en primeira persoa outras historias secundarias que transcorren paralelas á acción principal. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |