blix



Palmira G. Boullosa: Brandón, fillo de Ferreol
Ilustracións de Mª Fe Quesada
Eds. Xerais. Col. Merlín. Vigo, 1993

Brandón, fillo de Ferreol

Esta novela é a segunda dunha triloxía que se iniciou con "A princesa Lúa e o enigma de Kián", que acadara o Premio "Merlín" en 1987. Na primeira parte do libro cóntase a historia de Ferreol, bardo e xefe da tribo dos baluros, e da súa dona, a dama Rovena. A segunda parte céntrase en Brandón, o fillo de Ferreol e Rovena. Roubado cando só tiña dous anos polas fadas que moran no fondo da lagoa de Antela, vivirá cunha delas durante a infancia e a adolescencia, preparándose para o momento en que se cumpra a profecía e sexa liberado pola princesa Lúa.

128 p. - 19x14 cm.                                                     ISBN    84-7507-729-3



A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion